JEVASO, a Autoridade Portuaria da Coruña, Pérez-Torres e TMGA participarán nas Xornadas de Loxística e Transporte.

26 de abril 2021

JEVASO,  a Autoridade Portuaria da Coruña, Pérez-Torres e TMGA participarán nas Xornadas de Loxística e Transporte

Os días 27 e 28 de abril terán lugar as “Jornadas de logística y transporte” retransmitidas pola Voz de Galicia nas que participarán os nosos socios de JEVASO, Grupo Pérez Torres, o Porto da Coruña e TMGA, empresa pertencente ó  grupo de Marítima Consiflet socia do Cluster da Función Loxística de Galicia.

Intervencións dos nosos socios:

A mesa “Los retos del polígono industrial de Sabón” do martes 27 ás 10:00h, contará coa intervención de:

  • Jesús Vázquez Sobrino, conselleiro delegado de JEVASO
  • Estará acompañado por:Marta Marzoa Rodríguez, xerente da Asociación de Empresarios del Polígono Industrial de Sabón; Luis Pardo Longueira, conselleiro delegado do Grupo Gestán e José Carlos Calveiro Martínez, Alcalde do Concello de Arteixo

 

A mesa “Puerto de A Coruña. Un motor de despregue económico”, do mércores 28 ás 10:00h, contará coa intervención de:

  • Martín Fernández Pardo, presidente sa autoridade portuaria de A Coruña
  • Santiago Pérez-Torres Fernández, director xeral so Grupo Pérez-Torres
  • Patricio Erhardt Barrenechea , director xeral  de Terminales Marítimos de Galicia (TMGA)
  • Estarán acompañados por: Ignacio López-Bachiller Fernández, conselleiro do Grupo Nogar e Natalia Barreiro Mata, directora da Refinería Repsol A Coruña
Ler máis