
25 Mar O Clúster da Función Loxística se suma á defensa do Corredor Atlántico e o desenvolvemento das súas infraestruturas estratéxicas
25 de marzo 2021
O Clúster da Función Loxística se suma á defensa do Corredor Atlántico e o desenvolvemento das súas infraestruturas estratéxicas
O Clúster da Función Loxística de Galicia, a través do seu presidente Xoán Martínez Reboredo, participou na xornada celebrada onte nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vigo no marco do Proxecto CoLogistics e a defensa do Corredor Atlántico para o noroeste peninsular.
Así, no acto organizado polos promotores do proxecto, puidéronse escoitar as intervencións do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o presidente da comunidade autónoma de Castela e León, Fernández Mañueco, a directora técnica de SPC Spain, o presidente da Autoridade Portuaria do Douro-Leixoes, Nuno Araújo, e o propio presidente do Clúster, entre outros axentes destacados.
Todas as mensaxes versaron sobre a importancia estratéxica do Corredor Atlántico para a península ibérica e, especialmente, para o noroeste peninsular, incluido o norte de Portugal e as conexións que con este se manteñen desde as comunidades galega e castelá-leonesa.
Proxectos como a saída ferroviaria sur de Vigo e a finalización das obras en Punta Langosteira para a chegada do ferrocarril, xa reivindicadas polo Clúster e demais axentes noutras ocasións, foron de novo postos sobre a mesa como infraestruturas imprescindibles para vertebrar o noroeste peninsular e conectar as diferentes rexións que o compoñen, factor fundamental para lograr a competitividade que a realidade actual precisa.
Resultou un pensamento unánime a importancia de apostar pola cooperación, a suma de esforzos e a xeración de sinerxías para lograr o crecemento e estabilidade necesarias en beneficio de toda a rexión.