
02 Mar O Grupo G.O.C. adhírese ao Clúster da Función Loxística de Galicia
2 de marzo 2021
O Grupo G.O.C. adhírese ao Clúster da Función Loxística de Galicia
- Finalizado o proceso de adhesión, o grupo vigués pasa a formar parte da asociación galega en calidade de socio
- Con máis de 30 anos de experiencia no ámbito da consultoría e enxeñaría das infraestruturas, o grupo aportará unha visión experta e complementaria nos diferentes grupos de traballo onde se integre.
O Clúster da Función Loxística de Galicia anuncia a adhesión do grupo G.O.C. á asociación. Tras rematar o proceso de integración e rexistro, a compañía de orixe vigués pasa a formar parte como socio do Clúster e comeza a súa actividade en diferentes grupos de traballo.
Con máis de 30 anos de experiencia no ámbito da consultoría e enxeñaría, G.O.C. ofrece unha gran variedade de servizos integrais en proxectos, asistencia técnica e xestión de calidade na construción e nas infraestruturas.
Con todo, pasará a aportar un enfoque diferente e experto á visión do Clúster, alimentando a representatividade da asociación no sistema loxístico galego e apostando pola colaboración para gañar competitividade.
Coa adhesión de G.O.C. son xa 30 as entidades socias ao Clúster da Función Loxística de Galicia, que supoñen unha facturación superior aos 9.000 millóns de euros. O Clúster mantén a chamada ao sistema loxístico galego para incrementar o potencial competitivo da rexión, nun ano onde chegará a instalación a esferas internacionais.