Grupo Dayjo Logística

O Clúster oficializa a adhesión do Grupo Dayjo Logística

19 de febreiro 2021

O Clúster oficializa a adhesión do Grupo Dayjo Logística

O Clúster da Función Loxística de Galicia comunica a adhesión á organización do Grupo Dayjo Logística en calidade de socio. A falta de formalización na vindeira Xunta Directiva, Dayjo Logística integrarase no normal funcionamento do Clúster e comezará a súa participación nos diferentes grupos de traballo.

Con 90 camións na súa flota e aproximadamente 5.000 viaxes internacionais ao ano, a compañía pontevedresa se sitúa como un axente de relevancia para o sistema loxístico galego no seu obxectivo de posicionamento internacional e competitividade no Polo Atlántico.

Con Dayjo Logística, xa son 29 as entidades adheridas ao Clúster da Función de Galicia, que afronta no 2021 o reto da consolidación como axente relevante do sistema loxístico galego e nodo de competitividade para a rexión.

Web da empresa