webinar iatecc

IATECC celebra un webinar sobre solucións para optimizar o movemento de mercadorías nos sectores alimentario e de bebidas

15 de febreiro 2021

IATECC celebra un webinar sobre solucións para optimizar o movemento de mercadorías nos sectores alimentario e de bebidas

A empresa IATECC, asociada ao Clúster da Función Loxística, celebra un seminario web onde impartirá diferentes tipos de solucións para automatizar e optimizar o movemento de mercadorías nos sectores de alimentación e bebidas.

Dende os tipos de AGVs e tecnoloxías de navegación ata cuestións de seguridade e softwares de xestión, impartido por dous expertos da materia de ASTI Mobile Robotics e Luis Seijo, responsable de desenvolvemento de negocio en IATECC.

O encontro terá lugar o vindeiro 23 de febreiro ás 15:30 e está aberto ao público, previa inscrición na ligazón que se facilita.

Inscríbete