naturgy

Naturgy adhírese ao Clúster da Función Loxística de Galicia

2 de febreiro 2021

Naturgy adhírese ao Clúster da Función Loxística de Galicia

O Clúster da Función Loxística de Galicia comprácese en anunciar a adhesión de Naturgy á asociación. A compañía enerxética foi ratificada na última xunta directiva e pasa a formar parte da agrupación empresarial, sumando outro sector á representatividade do Clúster, que se sitúa nos 25 membros de pleno dereito.

Con máis de 175 anos de experiencia e innovación no sector enerxético e presencia en máis de 20 países, Naturgy intégrase en diferentes grupos de traballo para aportar un alto valor engadido e un novo enfoque aos proxectos do Clúster, que espera facer do 2021 o ano da súa consolidación como axente de referencia no sistema loxístico galego e presentación nun marco internacional, para o cal será fundamental o conxunto das empresas internacionalizadas coas que conta.

Web da empresa