pj carrasco

O Clúster suma un novo socio coa adhesión de P&J Carrasco

25 de xaneiro 2021

O Clúster suma un novo socio coa adhesión de P&J Carrasco

O Clúster da Función Loxística de Galicia suma a un novo socio e se sitúa xa nos 25 gracias á adhesión de P&J Carrasco S.L., con base en Vilagarcía de Arousa.

A compañía do sector loxístico, de orixe familiar, conta con case 130 anos de experiencia e operacións en todos os portos españois, ademais de ter presencia internacional. Especializados nas operacions de porto, exercen de consignatarios, estibadores e transitarios e actualmente dispoñen de máis de 20 000 metros cadrados de capacidade cuberta e descuberta para dar servicio aos seus clientes.

Así, a falta de formalización en Xunta Directiva, a compañía galega súmase ao Clúster para aportar a súa visión de futuro do sistema loxístico galego e xerar valor por medio da colaboración nos diferentes grupos de traballo activos.

Web da empresa