jevaso planta fotovoltaica

Jevaso acorda a instalación dunha planta fotovoltaica en Arteixo

5 de xaneiro 2020

Jevaso acorda a instalación dunha planta fotovoltaica en Arteixo

A compañía de confección e distribución textil Jevaso, socia do Clúster da Función Loxística de Galicia, anunciou un acordo con Naturgy para a instalación dunha planta fotovoltaica no seu complexo situado no polígono de Arteixo.

A instalación contará con 100 placas ubicadas na cubierta dunha das naves industriais da compañía, con 600 metros cadrados de superficie,e o seu pleno funcionamento suporá a xeración de máis dun 10% da enerxía requerida pola compañía na súa actividade, cos aforros en custos e emisións de carbono que supoñen.

Así, o acordo entre a compañía galega e Naturgy avanzan na transición enerxética e materializan un compromiso con modelos máis sustentables de subministración eléctrica.

Ler máis