
14 Dec O Grupo Davila súmase ao Clúster da Función Loxística de Galicia
14 de decembro 2020
O Grupo Davila súmase ao Clúster da Función Loxística de Galicia
O Clúster da Función Loxística de Galicia anuncia a adhesión ao mesmo do Grupo Davila en calidade de socio. Este, a falta de formalización en Xunta Directiva, pasa a integrarse na actividade do Clúster e a aportar a súa gran experiencia aos proxectos en marcha da asociación.
Con nacemento en Vigo fai máis de 100 anos, o Grupo Davila iniciou a súa actividade como un axente na loxística marítima. Tras anos de crecemento e diversificación, hoxe se presentan como un grupo consolidado e multimodal, con filiais actuando en todo modo de transporte e presencia a nivel nacional e internacional, con máis de 700 traballadores e 10 empresas operando en todo o mundo.
O Clúster da a benvida ao seu socio número 23, que ven a sumar e aportar nun contexto de cooperación en pos da mellora competitiva do sistema loxístico galego.