
07 Dec O Clúster e Garrigues celebran un webinar o xoves 10 sobre o impacto da tecnoloxía na función loxística e a súa perspectiva legal
07 de decembro 2020
O Clúster e Garrigues celebran un webinar o xoves 10 sobre o impacto da tecnoloxía na función loxística e a súa perspectiva legal
O xoves 10 de decembro ás 13:00 horas celebrarase un webinar organizado polo Clúster da Función Loxística de Galicia, e impartido por Garrigues. O tema será o impacto da tecnoloxía na función loxística e a súa perspectiva legal.
O obxectivo do webinar será identificar oportunidades e riscos do uso das tecnoloxías nas actividades loxísticas, así como definir un uso seguro das mesmas. Abordaranse temas como a protección de datos no uso do Big Data, que tan relevante se presenta na actualidade e que cobra forma na ferramenta LDP creada polo Clúster.
No seminario intervendrán tres membros do despacho expertos na materia:
- Alejandro Padín Vidal: Socio do Departamento de Mercantil, responsable da área de privacidade, tecnoloxía e ciberseguridade
- Cristina Mesa Sánchez: socia do Departamento de Propiedade Industrial e Intelectual
- María Marelza Cózar: asociada sénior da Industria do Transporte Marítimo.
A inscrición é libre e gratuíta a través do seguinte formulario: clic aquí.
O webinar supón o último da serie de encontros organizados polo Clúster e a empresa Packium Data, onde impartíuse unha formación dixital no uso de tecnoloxías de intelixencia de negocio. Podes ver a primeira sesión aquí.