
26 Nov O Clúster e SPC-Spain organizan unha xornada sobre sinerxías entre o transporte marítimo de curta distancia e o transporte por estrada
Posted at 08:00h
in Novas do Clúster
26 de novembro 2020
O Clúster e SPC-Spain organizan unha xornada sobre sinerxías entre o transporte marítimo de curta distancia e o transporte por estrada
O Clúster da Función Loxística de Galicia e Shortsea Promotion Centre – Spain organizan conxuntamente unha xornada, presencial e online, onde tratarán o uso do transporte marítimo para facer o transporte por estrada máis competitivo.
Ao evento pódese asistir en formato presencial u online, indicándoo na inscrición, que é gratuíta.
Na xornada participarán as propias entidades organizadoras, por medio de Pilar Trejo e Iago Domínguez, xerente do Clúster. Pero tamén contará con intervencións de entidades relevantes na materia como as asociadas Finsa, Pérez Torres Marítima e a Autoridade Portuaria de Vigo, así como o grupo Suardíaz, colaborador nun grupo de traballo.