Porto Vilagarcía

O Porto de Vilagarcía incrementa os seus tráficos nun 18 % en outubro

23 de novembro 2020

O Porto de Vilagarcía incrementa os seus tráficos nun 18 % en outubro

O Porto de Vilagarcía, nunha sesión ordinaria do seu Consello de Administración, informou sobre o balance de tráficos da entidade ao remate de outubro. Este mes pechouse cun incremento do 18% no volume de mercadorías movidas polos peiraos arousanos con respecto ao mesmo mes do pasado ano. Así, o décimo mes do ano pechouse cun total de 114.233 toneladas de mercadoría movida, fronte ás 96.405 do outubro de 2019.

No acumulado do ano, movéronse un total de 977.750 toneladas, fronte ás 1.085.978 toneladas movidas entre xaneiro e outubro do pasado ano. Coas boas cifras de outubro, a diferenza anual sitúase no -9,97%, mellorando así as cifras de meses anteriores.

Por categorías, destaca o incremento no apartado de graneis líquidos, cunha subida do 22,4%, superándose as 180.000 toneladas, fronte ás 147.167 do mesmo periodo no pasado exercicio. No apartado de graneis sólidos prodúcese un descenso do 31,75%, equivalente a 124.174 toneladas. Desta cantidade, case 100.000 toneladas correspóndese co descenso nos tráficos de cereal, unha mercancía que históricamente presenta grandes fluctuaciones entre exercicios no porto de Vilagarcía, xa que os volumes de cereal de importación que entran polo porto veñen a complementar a produción nacional de gran, que foi elevada neste ano. O total de toneladas movidas nesta categoría ao remate de outubro ascende a 266.880 toneladas

Finalmente na categoría de mercancía xeral cabo destacar os incrementos do 9 e do 5%, respectivamente, nos tráficos de taboleiro e aluminio. O total de toneladas movidas nos 10 primeiros meses do ano no apartado de mercancía xeral é de 530.644, o que supón un descenso do 3,12% con relación ás cifras de 2019. O total de toneladas movidas nos 10 primeiros meses do ano no apartado de mercancía xeral é de 530.644, o que supón un descenso do 3,12% con relación ás cifras de 2019.

Balance de explotación

Igualmente, Sagrario Franco trasladou aos membros do Consello o balance de explotación ao remate do terceiro trimestre do ano. Produciuse un descenso do 7,7% no importe neto da cifra de negocio, en liña coa baixada de tráficos portuarios. Aínda considerando este descenso, as previsións da Autoridade Portuaria son terminar o exercicio cun resultado económico positivo.

Ler máis