
16 Nov As empresas Deltacargo e Marítima Consiflet únense ao proxecto do Clúster da Función Loxística de Galicia
16 de novembro 2020
As empresas Deltacargo e Marítima Consiflet únense ao proxecto do Clúster da Función Loxística de Galicia
As compañías galegas Deltacargo e Marítima Consiflet convértense nas últimas en adherirse ao Clúster da Función Loxística de Galicia. Ambas compañías, provedoras de diferentes servizos loxísticos, finalizaron o seu proceso de adhesión e tan só quedan pendentes de formalización en xunta directiva, o que non impedirá que comecen a súa participación no seo do Clúster.
Deltacargo, con sede no parque empresarial de Costa Vella, en Santiago de Compostela, é unha empresa consolidada no sector do transporte, tanto aéreo como marítimo e terrestre, onde conta con máis de 30 anos de experiencia.
Marítima Consiflet pola súa parte, é un provedor de solucións de transporte establecido na Coruña, Ferrol e Vigo, e conta co certificado europeo de Operador Económico Autorizado, xunto co seo de calidade da ISO 9001:2000.