porto exterior

O porto de A Coruña adhírese ao Clúster da Función Loxística de Galicia

11 de novembro 2020

O porto de A Coruña adhírese ao Clúster da Función Loxística de Galicia

O porto de A Coruña e o Clúster da Función Loxística de Galicia confirman a adhesión do primeiro á asociación empresarial.

Ambas entidades se congratulan deste acordo, que supoñe asentar un marco de colaboración para traballar no posicionamento nas cadeas globais do transporte de mercadorías.

O acordo se espera sexa propicio para a incorporación de novos operadores ao porto coruñés e un reclamo para aumentar a comunidade de socios do Clúster, que xa acada a vintena.

Os obxectivos de ambas partes están totalmente aliñados, como son o posicionamento das plataformas loxísticas galegas para a importación, exportación, almacenamento e consolidación de cargas. Ademais de xerar sinerxías entre os socios no marco dunha asociación que promove a colaboración e a identificación de novas oportunidades de negocio entre os seus membros.

A falta de formalización en Xunta directiva, o porto se integra nas actividades do Clúster e xa participa das diferentes formacións que se están a levar a cabo nas presentes semanas, sobre todo relacionadas coa nova ferramenta do Clúster de intelixencia de negocio, a LDP.