Prensa; LDP

O Clúster da Función Loxística constrúe a súa propia plataforma de xestión de información loxística para que Galicia mellora en intelixencia de negocio

09 de novembro 2020

O Clúster da Función Loxística constrúe a súa propia plataforma de xestión de información loxística para que Galicia mellora en intelixencia de negocio

  • A Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía destacou que así Galicia se sitúa no grupo de cabeza de big data loxístico
  • O presidente do Clúster incidíu nas posibilidades que abre a plataforma para a negociación de novas rutas de transporte
  • A LDP permitíu corroborar campos onde Galicia está á cabeza así como identificar conexións nas que hai marxe de mellora
  • A ferramenta alíñase con obxectivos da Estratexia Integral de Optimización Loxística de Galicia, pola que o Clúster conta cun convenio de colaboración co IGAPE.

O presidente do Clúster da Función Loxística de Galicia e a presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa presentaron hoxe en rolda de prensa a LDP – Logistic Data Platform, unha ferramenta de xestión de información loxística internacional que busca mellorar a competitividade territorial e industrial de Galicia.

Esta plataforma, que permite o acceso ordeado e intuitivo a máis de 200.000 millóns de rexistros de información, será unha ferramenta de gran utilidade para identificar oportunidades de negocio e ámbitos de mellora da posición de Galicia no mapa loxístico mundial.

Como destacaba Sagrario Franco, presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, “ofrece a posibilidade de poñernos na cabeza en vixilancia competitiva e xestión de big data loxístico. Aproveitamos así estes elementos para conseguir oportunidades que supoñan melloras reais, creando unha ferramenta coa que as empresas e portos podremos competir máis e mellor ao tempo que gañamos en conectividade.”

Pola súa parte, o presidente do Clúster da Función Loxística de Galicia indicíu en que Galicia ten a capacidade e a oportunidade de impulsar as súas conexións loxísticas e extender a súa área de influencia a todo o cuadrante noroeste da península.

Neste camiño, son moitas as capacidades que a plataforma pon ao alcance e ofreceu colaboración ás Administracións públicas, organizacións empresariais ou axentes que teñan un obxectivo común e interese no seu potencial.

O Presidente indicou que cada tipo de empresa pode atopar unha utilidade diferente nesta plataforma xa que unha empresa consignataria pode emplear esa información para demostrar ás navieiras a existencia de fluxos suficientes para a programación de barcos transoceánicos de conexión directa, reducindo os tempos de transporte, os fletes, e as emisións ao achegar os portos au seu destino final.

As empresas industriais poden valerse desa información para programas os seus fluxos e incluso abrir proxectos de carga colaborativa.

Así, puidéronse constatar feitos coñecidos como que Galicia é líder en España na exportación de madeira e as súas manufacturas co 47,7% do total de toneladas exportadas, que Ourense lidera o ranking de provincias españolas con maior volume de exportación en Manufacturas de pedra con 356.535 toneladas ou que Pontevedra lidera o ranking de provincias españolas con maior volume de exportación en Pescado, crustáceos, e mariscos con 355.050 toneladas.

Pero a utilidade principal da plataforma reside na posibilidad de identificar oportunidades de avance como demostra a necesidade de mellorar as conexións marítimas con Francia, Portugal, países cos que Galicia ten os maiores fluxos comerciais. Con Francia, país co que temos o maior importe de operacións comerciais, o 43% do transporte faise por estrada. Pola súa parte, con Portugal, país co que intercambiamos o maior número de toneladas, o 80% é por estrada.

Tamén se ve a necesidade de aproveitar a posición natural de Galicia na conexión con América xa que o 50% da mercadoría colectorizada que chega ao cuadrante noroeste peninsular dende ese continente o fai a través de portos do Mediterráneo. Porcentaxes que en algunhas mercadorías superan o 80%.

En cuanto ao transporte aéreo vemos que das 100.000 toneladas que moven por avión as empresas galegas cada ano, menos dun 5% faise a través dos aeroportos de Galicia.

A LDP tamén permite poñer números á escasa relevancia do transporte ferroviario de mercadorías en Galicia, que redúcese a menos dun 5% do total e que na súa maior parte é a exportación de madeira do sur de Galicia a Portugal.

A LDP alíñase con obxectivos da Estratexia Integral de Optimización Loxística de Galicia, elaborada polo IGAPE e baixo a cal o Clúster conta cun convenio de colaboración, gracias ao cal foi posible o financiamento do desenvolvemento da ferramenta.

LDP é unha ferramenta desenvolvida pola empresa de Vilagarcía Packium Data cuxo CEO, Ramón Tubío, estivo presente no acto para presentar en maior detalle a plataforma. Se conta tamén con un informe xeral de público acceso que se pode consultar dende a seguinte ligazón ao pé da nota.

O Clúster

O Clúster da Función Loxística de Galicia é unha asociación privada sen ánimo de lucro que conta con máis de 20 empresas asociadas nas que a función loxística supón unha parte relevante da súa cadea de valor e que supoñen un total de máis de 5.000 millóns de euros de facturación anual.

Informe xeral