
06 Nov O Clúster celebra o martes 10 de novembro un webinar sobre o uso de datos masivos
Posted at 08:00h
in Novas do Clúster
06 de novembro 2020
O Clúster celebra o martes 10 de novembro un webinar sobre o uso de datos masivos
O Clúster da Función Loxística de Galicia anuncia a celebración dun seminario dixital de formación no uso de datos masivos. O obxecto do seminario será coñecer os tipos de datos internos e externos das compañías, identificar cómo poden ser de interese para as empresas e presentar as técnicas para o aproveitamento do chamado Big Data.
O webinar terá lugar o martes 10 de novembro ás 13:00 horas, terá unha hora de duración, e está aberto a calquera persoa interesada nas posibilidades de conversión dos datos dispersos en información útil.
A sesión, organizada polo Clúster, será impartida pola compañía Packium Data S.L., especializada no tratamento de datos masivos e business intelligence.