TTC; Babé y Cía

O Grupo TTC e Babé y Cía únense ao Clúster da Función Loxística de Galicia

04 de novembro 2020

O Grupo TTC e Babé y Cía únense ao Clúster da Función Loxística de Galicia

O Clúster da Función Loxística de Galicia comunica a adhesión de dúas novas entidades á asociación, se trata do Grupo TTC e Babé y Cía. Ambas compañías completaron os seus procesos de adhesión e tan só falta a formalización en xunta directiva, o que non impedirá que comecen o seu proceso de integración á dinámica do Clúster con efecto inmediato.

Grupo TTC

TTC é un dos grandes operadores en servizos loxísticos a temperatura controlada en Galicia, integran as labores de almacenamento, manipulación e distribución de produtos de alimentación a tres temperaturas diferentes: refrixerado, conxelado e ambiente.

Con 30 plataformas distribuídas pola Península e as Illas, teñen unha capacidade superior aos 280.000 metros cúbicos de frío e con cobertura para máis de 20.000 puntos de capilaridade.

O Grupo aportará a súa experiencia en loxística e, de xeito máis especializado, na loxística frigorífica, peza fundamental en proxectos activos do Clúster como o grupo de traballo sobre a distribución urbana de mercadorías.

Babé y Cía

Con 126 anos de historia, Babé é un grupo de empresas de gran relevancia no noroeste da Península en transporte terrestre de mercadorías, con gran experiencia no transporte de hidrocarburos (gasolinas, gasóleos, fueis, betúns, emulsións, etc.), pero tamén con filiais especializadas no transporte de colectores, material de construción, como o granito e a chapa, ou transporte frigorífico, entre outros.

Con presencia a nivel internacional, a empresa sita na provincia de Pontevedra é un expoñente da internacionalización do sistema loxístico galego que promove o Clúster.

O Clúster

O Clúster da Función Loxística de Galicia é unha asociación privada sen ánimo de lucro que conta con máis de 20 empresas asociadas nas que a función loxística supón unha parte relevante da súa cadea de valor e que supoñen un total de máis de 5.000 millóns de euros de facturación anual.