
29 Out Ábrese o sistema on-line para solicitar as axudas do Plan Renove
Posted at 07:00h
in Novas do sector
29 de outubro 2020
Ábrese o sistema on-line para solicitar as axudas do Plan Renove
O Ministerio de Industria anunciou a apertura do sistema telemático de xestión para a presentación de solicitudes e a reserva da axuda estatal correspondente ao Plan Renove 2020. Esta funcionalidade leva activa dende o 20 de outubro.
O Plan Renove conta cun presuposto de 250 millóns de euros e se integran dentro do Plan de Impulso á Cadea de Valor da Industria de Automoción, co obxectivo de incentivar mediante a concesión de axudas para a adquisición de vehículos sostibles e substitución dos vehículos antigos.
O prazo para a solicitude da axuda abrangue dende o 20 de outubro ata final de ano ou agotamento do presuposto.