
27 Out O Clúster reúnese co IGAPE para presentar ao director, Fernando Guldrís, para presentar os proxectos que está a executar no marco da estratexia loxística de Galicia
27 de octubre 2020
O Clúster reúnese co IGAPE para presentar ao director, Fernando Guldrís, para presentar os proxectos que está a executar no marco da estratexia loxística de Galicia
O Clúster da Función Loxística de Galicia, que xa conta con máis de 20 socios representativos da industria e a loxística galega, presentou ante o director do Igape, Fernando Guldrís, os diferentes produtos e servizos que se están a impulsar no seno dos diferentes grupos de traballo do clúster e que se presentarán de forma pública durante diferentes actos que terán lugar durante o próximo mes de novembro. Estos traballos están a realizarse no marco do convenio de colaboración que o Igape e o Clúster da Función Loxística de Galicia asinaron para promover a Estratexia da Función Loxística de Galicia e que durante o plan operativo 2020 céntranse principalmente na optimización da distribución urbana de mercadorías, o análise de fluxos loxísticos relevantes para Galciia e a identificación de melloras para promover a mellora da loxística galega.
Ademáis de dar a coñecer o estado destes proxectos, o Clúster trasladou ao IGAPE a disposición da asociación en colaborar nas candidaturas dos proxectos galegos que concorrerán ao fondo comunitario Next Generation tendo en conta que o desenvolvemento dunha cadea loxística sostible será un dos proxectos tranversais a promover desde a Xunta de Galicia. Neste senso o Clúster, como representante do tecido industrial e empresarial da función loxística de Galicia, comprometeuse a apoiar á comisión Next Generation Galicia para seguir afondando na planificación dos proxectos da candidatura galega e identificar necesidades e iniciativas no eido da loxística para incrementar as actuacións da candidatura galega e que poidan contribuir a fortalecer o crecemento da competitividade dunha Galicia máis verde, dixital e social.
O encontro concluíu coa disposición do IGAPE e o Clúster de seguir traballando xuntos no marco establecido na Estratexia da Función Loxística de Galicia e posicionar á nosa comunidade como un polo loxístico de referencia global.