máster loxística

O Clúster da Función Loxística e a Universidade da Coruña exploran vías de colaboración en relación ao máster de loxística e transporte

19 de outubro 2020

O Clúster da Función Loxística e a Universidade da Coruña exploran vías de colaboración en relación ao máster de loxística e transporte

O Clúster da Función Loxística de Galicia, a través do seu xerente Iago Domínguez, mantivo unha reunión con membros da Universidade da Coruña en relación ao máster de loxística e transporte que imparte.

O obxecto da reunión foi coñecer a formación e explorar futuras vías de colaboración entre o Clúster e a docencia, co fin de mellorar a formación impartida e contribuir a unha alta cualificación no sector por parte dos estudantes.

Por ambas partes se incidíu na importancia da colaboración Universidade – empresa para reducir o salto entre os estudos e o mercado laboral.