socios clúster

O Clúster formaliza a adhesión dos novos socios, avanza nos seus grupos de traballo e comeza a definir a folla de ruta para 2021

14 de outubro 2020

O Clúster formaliza a adhesión dos novos socios, avanza nos seus grupos de traballo e comeza a definir a folla de ruta para 2021

O Clúster da Función Loxística de Galicia, a través da súa Xunta Directiva celebrada hoxe, ratificou a adhesión dos catro novos socios anunciados nas pasadas semanas, estes son Frigoríficos Oya, IATECC, a Autoridade portuaria de Vigo e Papelera de Brandia.

Esta formalización foi notificada na asemblea celebrada posteriormente, na que tamén se actualizou a situación dos grupos de traballo, que avanzan nos seus proxectos de última milla, posicionamento estratéxico, liderado do Polo Atlántico e optimización de infraestruturas. Grupos nos que pronto comezarán a amosarse resultados.

Ademais, a reunión servíu para comezar a trazar as liñas xerais que conformarán o plan de acción de cara a 2021, que espera ser o ano de consolidación do Clúster e de presentación a nivel internacional.