
08 Out O porto de Vigo, á cabeza dos portos españois en resistencia na caída de tráfico de vehículos
Posted at 08:00h
in Novas do Clúster
08 de outubro 2020
O porto de Vigo, á cabeza dos portos españois en resistencia na caída de tráfico de vehículos
A Autoridade Portuaria de Vigo, recente nova entidade socia do Clúster da Función Loxística de Galicia, rexistrou unha caída de menos do 10% no tráfico de vehículos. A cifra, lonxe de resultar positiva, supón a mellor de España, que conta cunha caída media superior ao 34%, segundo a Asociación Española de Fabricantes de automóviles e Camións (ANFAC).
Segundo a propia asociación, a axilidade de xestión para a asignación de zonas de depósito nas terminais e a flexibilidade na dispoñibilidade de horarios non habituais foron algunhas das características mellor valoradas do porto, que presenta poucas valoracións negativas.