Papelera de Brandia

Papelera de Brandia, S.A. únese ao Clúster da Función Loxística de Galicia

08 de octubre 2020

Papelera de Brandia, S.A. únese ao Clúster da Función Loxística de Galicia

A compañía Papelera de Brandia, S.A. con sede en Santiago de Compostela, rematou os trámites para a súa adhesión ao Clúster da Función Loxística de Galicia. A falta de formalización en xunta directiva, a compañía únese en calidade de socio á asociación.

O Clúster dalle a benvida á empresa, que pasará a aportar nos grupos de traballo a súa experiencia e propostas para seguir medrando en pos dun sistema loxístico galego máis competitivo.

A adhesión de Papelera de Brandia reflicte a diversidade de sectores e organizacións adheridas ao Clúster, que comparten a visión estratéxica e transversal da función loxística en Galicia.

Web da empresa