
30 Set A Xunta licita a Estratexia Loxística de Galicia 2020-2028
Posted at 07:00h
in Novas do sector
30 de setembro 2020
A Xunta licita a Estratexia Loxística de Galicia 2020-2028
A Plataforma de Contratos da Xunta de Galicia publicou onte a licitación da Estratexia Loxística de Galicia 2020 – 2028 por un importe de máis de 161.000 euros e un prazo de execución de 15 meses.
As empresas teñen de prazo ata o 20 de outubro para presentar ofertas, tras o cal empezará o proceso de adxudicación coa fin de iniciar aos traballos a comezos do vindeiro ano.
No anuncio da licitación estiveron presentes a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e o subdirector xeral de Infraestruturas do Transporte, Juan Vidal, que presentou hoxe o servizo para a planificación das infraestruturas para a elaboración da citada Estratexia.