Autoridade Portuaria de Vigo; IATECC

A Autoridade Portuaria de Vigo e a empresa IATECC se adhiren ao Clúster da Función Loxística de Galicia

29 de setembro 2020

A Autoridade Portuaria de Vigo e a empresa IATECC se adhiren ao Clúster da Función Loxística de Galicia

A Autoridade Portuaria de Vigo e a empresa IATECC (Intralogística, Automatización, Tecnología y Consultoría) remataron os trámites pertinentes para adherirse ao Clúster da Función Loxística de Galicia en calidade de socios.

A falta de formalización en xunta directiva, ambas entidades se unen ao proxecto do Clúster por facer do sistema loxístico galego un polo de referencia nacional e internacional. Así, pasarán a integrarse en diferentes grupos de traballo activos do Clúster, para aportar a súa experiencia e traballo.

Co Porto de Vigo, son xa tres as Autoridades Portuarias galegas representadas no Clúster, xunto coa de Villagarcía e a de Ferrol – San Cibrao e, xunto coa presenza dos principais consignatarios, dan forza á representatividade do Clúster na loxística marítima galega.

Dende o Clúster da Función Loxística de Galicia se lles da a benvida e se mostra unha gran satisfacción polo crecemento da organización, que recentemente tamén anunciou a incorporación de Frigoríficos Oya ao equipo.