
28 Set O Clúster se reúne con AECOC para avanzar no seu estudo sobre a distribución urbana de mercadorías
28 de setembro 2020
O Clúster se reúne con AECOC para avanzar no seu estudo sobre a distribución urbana de mercancías
O Clúster da Función Loxística de Galicia, a través do seu grupo de traballo adicado á transformación da loxística de empresa e comercio electrónico, celebrou unha reunión con AECOC, a Asociación de Fabricantes e Distribuidores, contratada para a elaboración dun estudo sobre a distribución urbana de mercadorías en diferentes concellos representativos de Galicia.
O estudo, supervisado polo grupo de traballo que conforman o grupo Gadisa, Jevaso, Hijos de Rivera e Altia Logistics, avanza satisfactoriamente e tratará de ser unha ferramenta para coñecer en profundidade a situación da distribución urbana de mercadorías nos concellos galegos, e servir de apoio na elaboración de políticas na materia de loxística de última milla, en orde de adaptar a normativa a unha actividade fundamental nos tempos actuais de consolidación do comercio electrónico.