Colombia clúster

O noso modelo de Clúster da Función Loxística desperta interese nas Cámaras de Comercio de Colombia

23 de setembro 2020

O noso modelo de Clúster da Función Loxística desperta interese nas Cámaras de Comercio de Colombia

O Clúster da Función Loxística de Galicia, na xornada de hoxe, reuníuse coas Cámaras de Comercio colombianas de Barrancabermeja e Bucaramanga. O obxectivo da reunión foi intercambiar boas prácticas na creación de clústers no sector da loxística e do transporte. Cun proxecto de creación de clúster, as cámaras se atopan nunha fase de investigación e benchmarking para a conformación do mesmo, polo que o Clúster da loxística galego prestouse a colaborar na investigación compartindo o seu modelo de Clúster.

Asimesmo, analizouse tamén a oportunidade de manter unha liña de comunicación aberta para evaluar posibles proxectos de investimento en infraestrutura loxística entre empresas e entidades de Colombia e Galicia.

Imaxes da reunión