aparcadoiro; balaídos; creación

Reactívase o proxecto da central de transportes na área de Vigo

21 de setembro 2020

Reactívase o proxecto da central de transportes na área de Vigo

O proxecto de promoción dunha gran central de transportes na área de Vigo reactívase tras a resolución dun recurso no proceso de contratación e os retrasos provocados pola emerxencia sanitaria.

Finalmente con outro contratista, unha UTE liderada por Teirlog e o estudo de arquitectura Irisarri Piñera, por un presuposto de 238.975 euros, o proxecto retoma avances co primeiro obxectivo de definir o emplazamento que terá a central, onde poderán estacionar ata 500 camións e outros vehículos de servizos, e se lles prestarán servizos de vixilancia, gasolineira e restauración, entre outros.

Ler máis