
16 Set Iníciase a primeira fase do tren interior de Caneliñas no porto de Ferrol
16 de setembro 2020
Iníciase a primeira fase do tren interior de Caneliñas no porto de Ferrol
A Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao sacou a licitación a primeira fase do tren interior de Caneliñas, que porá a disposición de todos os operadores portuarios unha conexión avanzada con acceso da dársena á liña convencional de tren, que nestes intres se atopa en execución.
A licitación, cun presuposto total de 7,8 millóns de euros, está financiada con fondos CEF (Connecting Europe Facility) da Unión Europea, e ten unhas previsións de execución de cinco meses y medio, a iniciar previsiblemente a inicios do vindeiro ano.
Esta primeira fase, de tres que se planificaron, inclúe a construción de dous ramais, finalizando o segundo na fase dous.
Así, esta licitación se suma á construción do acceso ferroviario á dársena exterior e ás reformas da sede e da antiga comandancia naval, en todo un esforzo da Autoridade Portuaria por incrementar a actividade e facer do porto de Ferrol – San Cibrao un punto de referencia e competitividade no tránsito de mercancías.