
16 Set O Clúster participa nas mesas de diálogo promovidas pola Xunta e a USC para analizar as vantaxes da dixitalización
Posted at 08:00h
in Novas do Clúster
16 de setembro 2020
O Clúster participa nas mesas de diálogo promovidas pola Xunta e a USC para analizar as vantaxes da dixitalización
O Clúster da Función Loxística de Galicia participará nas mesas de diálogo promovidas pola Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia, a través do Igape, nas que se analizarán o impacto e as perspectivas da automatización e a dixitalización nos sectores económicos de Galicia.
O encontro terá lugar de xeito online, en formato webinar, hoxe 16 de setembro ás 16:30 horas. Se trata dun encontro aberto ao público onde tamén participarán outros clústers como COINTEGA, o Clúster TIC e o alimentario.
Por parte do Clúster da Función Loxística de Galicia, participará Iago Rodríguez-Quintana, business developer de Altia Logistic, empresa asociada.
O prazo de inscrición aínda se atopa aberto.