autoestrada do mar; autopista del mar

Retómase a conexión do porto de Vigo con Marrocos na autoestrada do mar

14 de setembro 2020

Retómase a conexión do porto de Vigo con Marrocos na autoestrada do mar

Tras meses sen movemento, debido á crise sanitaria que paralizou a actividade económica e, por tanto, tamén a do sector da automoción, a autoestrada do mar que une o porto de Vigo con Tánger (Marrocos), retomará o seu pulso o vindeiro 19 de setembro, segundo o anunciou a compañía galega encargada da loxística Suardíaz.

Nestes seis meses dende a paralización da liña regular, o tráfico de automóviles, compoñentes e outras mercancías entre os dous puntos foi levado a cabo mediante transportes marítimos alternativos, de grande capacidade pero sen a axilidade e precisión da autoestrada.

Agora non só se recupera unha liña vital para o porto de Vigo e o sector auto en Galicia, senón que se aumenta con respecto ao grao de actividade rexistrado antes do parón, asinando un buque de maior carga á autoestrada e recuperando a frecuencia de dúas escalas semanais.

Ler máis