
20 Ago Frigoríficos Oya, líder en almacenamento frigorífico, únese ao Clúster da Función Loxística
20 de agosto 2020
Frigoríficos Oya, líder en almacenamento frigorífico, únese ao Clúster da Función Loxística
Frigoríficos Oya S.A., empresa líder en almacenamento refrixerado de Galicia, adhírese ao Clúster da Función Loxística de Galicia. A falta de formalización oficial pola Xunta Directiva, a entidade, en fase de expansión, integrarase en diferentes equipos de traballo e participará nas Asambleas Xerais como membro con dereito a voto.
Frioya, con sede en Redondela, conta con máis de 30 anos de experiencia na loxística interna de produtos do mar como pescados, mariscos conxelados, precocinados ou refrixerados, conta con máis de 130.000 metros cadrados de capacidade de almacenamento e 84.000 deles robotizados.
Dende o Clúster se confía na aportación de Frigoríficos Oya no desenvolvemento dos proxectos que se atopan en curso, ademáis da satisfacción por contar cun referente no almacenamento frigorífico galego, encaixado nun sector estratéxico da comunidade.