Delta Vigo

Delta Vigo, preto de rematar a ampliación da súa área loxística en Nigrán

17 de agosto 2020

Delta Vigo, preto de rematar a ampliación da súa área loxística en Nigrán

A compañía asociada ao Clúster da Función Loxística, Delta Vigo, atópase en proceso de remodelación das súas instalacións. Segundo as previsións da empresa, en outubro finalizarán as obras de ampliación da súa área loxística de Nigrán, que pasará a ocupar 38.000 metros cadrados de superficie e suporá un investimento final arredor dos 4 millóns de euros. En cifras de emprego, o pleno funcionamento da nova planta suporá un incremento dos xa máis de 70 novos empregos dende o inicio do investimento.

A pesar da crise sanitaria, Delta Vigo mantén os seus niveis de investimento e as súas perspectivas de crecemento para este 2020 que, a pesar de verse afectado pola Covid-19, será un ano positivo para a compañía, fortalecida polos encargos do sector aeroespacial que xa supoñen o 75 % do total.

Ler máis