A cidade da Coruña avanza na redación da súa primeira ordenanza de mobilidade

14 de agosto 2020

A cidade da Coruña avanza na redación da súa primeira ordenanza de mobilidade

As administracións locais están a percibir a importancia da Distribución Urbana de Mercadorías sostible, así o amosa  a actividade do municipio da Coruña, que avanza no seu proceso de redación da súa primeira ordenanza de mobilidade, o que supón un avance para toda a cadea de loxística urbana.

Dende o Clúster da Función Loxística de Galicia avánzase en paralelo para tratar de aportar no proceso de modernización da distribución urbana, da man de AECOC e empresas galegas asociadas, analizando e propoñendo melloras para unha mobilidade urbana máis competitiva, sostible e humana nos grandes municipios.

Ler máis