
11 Ago A Xunta saca a licitación a elaboración da Estratexia Galega da Mobilidade
11 de agosto 2020
A Xunta saca a licitación a elaboración da Estratexia Galega da Mobilidade
A Xunta de Galicia sacou a licitación a elaboración da Estratexia Galega da Mobilidade, coa que pretende definir unha rede coordinada de servizos e infraestruturas moderna, sostible e eficiente, que aumente a competitividade na comunidade.
O servizo, presupostado en 922.000 euros, estímase cunha duración de dous anos, onde se levará a cabo unha forte labor de traballo de campo e recollida de datos, co fin de elaborar a estratexia máis próxima á realidade da mobilidade en Galicia.
A estratexia será de carácter multimodal, analizando a situación dos diferentes medios de transporte e os nodos intermodais. O estudo abordarase dende unha perspectiva de competitividade e sustentabilidade, polo que se espera as propostas tornen arredor das alternativas de mobilidade sostible, cunha redución do transporte individual e privado.