máster; santiago; minho

O Clúster participa na planificación dun novo máster transnacional coas universidades de Santiago e do Minho

29 de xullo 2020

O Clúster participa na planificación dun novo máster transnacional coas universidades de Santiago e do Minho

O Clúster da Función Loxística de Galicia participou na xornada de hoxe mércores 29 de xullo, nunha reunión de planificación dun novo programa de estudos coas universidades de Santiago de Compostela e do Minho. Se trata dun máster en dereito transnacional da empresa que se impulsará en colaboración entre as dúas entidades galega e lusa.

Así, no programa formarase aos alumnos en materias como o dereito no comercio internacional, sistemas xurídicos español e portugués, así como o papel das tecnoloxías dixitales no dereito transnacional.

Ademais da participación na planificación do mesmo, ofrecendo o seu punto de vista no comercio entre eurorrexións, o Clúster púxose a disposición para levar unha colaboración activa no desenvolvemento do mesmo, en cuestións como pode ser facilitar a colocación do alumnado nas prácticas académicas.