
23 Xul O Grupo Nova Pescanova leva a cabo a botadura do seu cuarto buque da nova frota en Vigo
Posted at 07:54h
in Novas do Clúster
23 de xullo 2020
O Grupo Nova Pescanova leva a cabo a botadura do seu cuarto buque da nova frota en Vigo
O Grupo Nova Pescanova, asociado ao Clúster, levou a cabo a botadura dun novo buque no estaleiro Armon de Vigo, se trata do cuarto correspondente á nova frota, con 50 metros de eslora, e destinarase á pesca de pescada en Namibia. O proxecto da nova frota, composta por sete barcos, está a supoñer un investimento arredor dos 42 millóns de euros, e xerou 200 postos de traballo en Galicia.