consellería de mobilidade; dirección de movilidad

O Clúster inicia contactos coa consellería de Infraestruturas e Mobilidade para definir os centros de servizos para camións

14 de xullo 2020

O Clúster inicia contactos coa consellería de Infraestruturas e Mobilidade para definir os centros de servizos para camións

O Clúster da Función Loxística de Galicia, a través do seu xerente, Iago Domínguez, mantivo na mañá de hoxe unha reunión co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, na que se identificaron sinerxías e accións complementarias entre o Clúster e a consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

O xerente tivo a ocasión de presentar en profundidade as intencións e proxectos do Clúster, así como aqueles grupos de traballo que xa se atopan en activo. Entre eles, destaca a análise de viabilidade e necesidades de áreas de apoio ao transporte de mercadorías por estrada. Tal e como recolle a Estratexia Integral de Optimización Loxística de Galicia aprobada polo IGAPE, se identificarán catro localizacións -unha por provincia- e se analizarán as necesidades que debe cubrir. Trátase do primeiro encontro do Clúster para recompilar a información e opinións de diferentes axentes relacionados co sector como Administracións públicas ou asociacións de transporte de mercadoría por estrada.

Ademais, expuxéronse outras liñas de acción do Clúster nas que destaca o grupo de traballo de última milla, onde empresas asociadas traballan nun informe de propostas coas que mellorar a distribución urbana e manter a estratexia de sustentabilidade co medio ambiente. No desenvolvemento deste estudo cóntase cos servizos de AECOC.

Tamén o Clúster está traballando en proxectos de sistemas de información sobre fluxos internacionais de mercadorías e nun estudo de viabilidade sobre a implantación de centros de apoio ao transporte por estrada en Galicia, iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia e na que o Clúster ten o papel de valorar e complementar por medio das propostas resultantes do estudo.