
14 Xul O porto de Marín acomete unha dobre operativa de carga e descarga, enviando 29 pezas eólicas a EEUU
Posted at 11:00h
in Novas do sector
14 de xullo 2020
O porto de Marín acomete unha dobre operativa de carga e descarga, enviando 29 pezas eólicas a EEUU
O porto de Marín levou a cabo este luns unha dobre operativa de carga e descarga na súa zona de expansión da rada. A operativa incluíu a carga e descarga de colectores, e carga de 29 tramos de pezas eólicas, que tomaron rumbo a Estados Unidos, á cidade de Houston. O buque Visitor, consignado pola empresa asociada Pérez Torres Marítima, foi o encargado da operación.