
09 Xul A Xunta invita a unir esforzos coa administración para fortalecer a loxística galega
09 de xullo 2020
A Xunta invita a unir esforzos coa administración para fortalecer a loxística galega
A Xunta de Galicia, na súa participación nas xornadas organizadas por UNO Loxística, ás que tamén asistíu o Clúster, puxo en valor a labor do sector do transporte durante as semanas de confinamento, que mantivo a distribución dos produtos básicos con plenas garantías. Ademais, invitou aos axentes asistentes, empresas e asociacións, a unir esforzos coa administración para fortalecer as capacidades loxísticas galegas, potenciando a intermodalidade e as infraestruturas, en pos dunha mellor recuperación económica tras a crise da Covid-19.