
08 Xul O Clúster participa nas xornadas organizadas por UNO Loxística na Galicia Business School
08 de xullo 2020
O Clúster participa nas xornadas organizadas por UNO Loxística na Galicia Business School
O Clúster da Función Loxística de Galicia participou nas xornadas promovidas pola organización UNO Loxística nas instalacións da Galicia Business School. O eixo da xornada, onde tamén tivo participación a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, foi abordar os retos da loxística nun contexto posterior á Covid-19.
O Clúster, na súa participación, puido presentarse como un axente intermedio encargado de velar pola competitividade do sistema loxístico galego, especialmente polas súas entidades asociadas, e como un lugar de referencia para todo axente implicado na función loxística en Galicia. No seu enfoque de empresa, e cun plan estratéxico definido, o Clúster transmitíu unha mensaxe de tranquilidade e seguridade en que estará presente na economía galega e cumprirá cos obxectivos marcados o pasado ano na súa constitución, para o que precisará do maior apoio posible para a súa consecución.