
06 Xul O grupo asociado Gadisa incrementa a súa facturación e crea 208 novos postos de traballo en 2019
Posted at 07:54h
in Novas do Clúster
06 de xullo 2020
O grupo asociado Gadisa incrementa a súa facturación e crea 208 novos postos de traballo en 2019
O grupo empresarial Gadisa, asociado ao Clúster da Función Loxística de Galicia, incrementou a súa facturación no ano 2019 nun 3,7 %. ata acadar os 1.228,5 millóns de euros, gracias a unha cota de mercado arredor do 20% segundo a empresa A.C. Nielsen.
Ademais, os datos da empresa non só destacan a nivel financeiro, senón tamén en xeración de postos de traballo e dinamización da economía local. Así, Gadisa xerou no último exercicio un total de 208 novos postos de traballo no seu grupo, e acadou un investimento de 360 millóns en compras a provedores locais.