
01 Xul Proxéctase unha ampliación dun centro loxístico no porto de Vilagarcía
Posted at 07:54h
in Novas do Clúster
01 de xullo 2020
Proxéctase unha ampliación dun centro loxístico no porto de Vilagarcía
A empresa aceitera galega Aceites Abril proxecta reforzar a súa presenza no porto de Vilagarcía a través dunha ampliación das súas actuais instalacións, nas que se sitúa un centro loxístico de recepción, almacenamento e distribución de aceite.
A empresa prevé ampliar a superficie da súa actual terminal de graneis líquidos nun 21,2%, incorporando á mesma unha parcela anexa, de 396 metros cadrados de superficie, que estaba libre ata a data. O proxecto -que pola superficie incorporada, supón unha modificación substancial da concesión- está a exposición pública na Autoridade Portuaria de Vilagarcía.