kaleido; vigo; concesión

Kaleido Logistics faise cunha concesión de case 50.000 metros cadrados no porto de Vigo

26 de xuño 2020

Kaleido Logistics faise cunha concesión de case 50.000 metros cadrados no porto de Vigo

O porto de Vigo anunciou a aprobación da concesión de 49.000 metros cadrados no peirao transversal a Kaleido Ideas & Logistics. A asociada ao Clúster faise cargo da superficie por 35 anos e consistirá no establecemento dunha terminal marítima de mercadoría xeral non contenerizada. A concesión prevese desembocará nunha serie de investimentos en instalacións e maquinaria por parte da empresa concesionaria, que se atopa nun proceso de expansión polos continentes americano e africano.

Ler máis