
23 Xuñ A Xunta apoia á automoción no impulso dunha infraestrutura loxística na Plisan
Posted at 08:54h
in Novas do sector
23 de xuño 2020
A Xunta apoia á automoción no impulso dunha infraestrutura loxística na Plisan
Nun encontro entre o Clúster de Empresas da Automoción de Galicia (Ceaga) e a Xunta de Galicia confirmouse o apoio do goberno autonómico no impulso dunha infraestrutura de loxística 4.0 na Plataforma Loxística Intermodal Salvaterra As Neves (Plisan). Así, a Xunta investirá preto de 4,3 millóns de euros no proxecto que se espera supoña unha redución nos custos loxísticos, unha atracción para novos investimentos e, por ende, un motor xerador de emprego.
Este proxecto, xunto coa iniciativa da saída ferroviaria do sur de Vigo, forman parte dunha estratexia de fortalecemento das redes loxísticas galegas e apoio ao sector da automoción na área de Vigo.