
10 Xuñ A Xunta impulsa axudas á instalación de medidas de protección personal entre empresas do transporte
Posted at 08:54h
in Novas do sector
10 de xuño 2020
A Xunta impulsa axudas á instalación de medidas de protección personal entre empresas do transporte
A Xunta de Galicia, a través do programa REACTIVA, destina 16 millóns de euros para axudar a autónomos e pemes, entre outros do transporte, a volta á actividade, apoiando a adquisición de equipos de protección, de adaptación dos espazos, de realización de obras e de posta a disposición de información.
Estes recursos van dirixidos aos sectores do comercio, o turismo, o sector servizos e, de especial interese, o transporte, actividade esencial na función loxística. Se ofrecerán apoios directos do 80 % do investimento.