
27 Mai Vigo recibe ao buque máis grande impulsado por gas licuado
Posted at 08:54h
in Novas do sector
27 de maio 2020
Vigo recibe ao buque máis grande impulsado por gas licuado
O porto de Vigo recibiu esta semana ao buque “Auto Eco”, o máis grande na súa categoría impulsado por gas licuado. Este cargou 1.600 automóviles con destino Zeebrugge (Bélxica). É a segunda vez que o buque fai escala na cidade olívica, o recibimento forma parte dunha estratexia do porto por incentivar o uso de combustibles máis sostibles.