
21 Mai Invitación para presentar oferta para o desenvolvemento dun sistema dinámico de información propio de fluxos loxísticos relevantes | PECHADA
Posted at 09:00h
in contratación
22 de maio 2020
Invitación para presentar oferta para o desenvolvemento dun sistema dinámico de información propio de fluxos loxísticos relevantes
O Clúster da Función Loxística de Galicia invita a presentar oferta para o desenvolvemento dun sistema dinámico de información propio de fluxos loxísticos relevantes. Este estudo se enmarca na actividade do grupo de traballo de información relevante e posicionamento en cadeas globais, responsable de asistir ao Clúster con información relevante e facilitar a toma de decisións individuais, colaborativas e sectoriais.
Prezo máximo dispoñible: 45.000 euros (IVE incluído)
Data límite de presentación de ofertas: venres 29 de maio de 2020 ás 15:00 horas.