Cluster Función Loxística

O Clúster mantén a súa actividade nos grupos de traballo de maneira telemática

11 de maio 2020

O Clúster mantén a súa actividade nos grupos de traballo de maneira telemática

O Clúster da Función Loxística de Galicia mantén en funcionamento os seus grupos de traballo constituídos, a pesar da situación excepcional de alarma. Adaptadas en forma telemática, as reunións seguen producíndose entre os diferentes equipos.

Os catro grupos de traballo activados mantiveron reunións durante o estado de alarma, mostrando o alto compromiso das entidades asociadas co proxecto do Clúster, compartindo os seus novos retos, buscando solucións colaborativas e avanzando nos obxectivos marcados na constitución de cada grupo.