reunion cluster e xunta

O Clúster da Función Loxística de Galicia reúnese co conselleiro de Economía para repasar a actualidade do Clúster e o sistema loxístico galego

07 de maio 2020

O Clúster da Función Loxística de Galicia reúnese co conselleiro de Economía para repasar a actualidade do Clúster e o sistema loxístico galego

O Clúster da Función Loxística de Galicia, representado polo presidente, o xerente e empresas asociadas e relacionadas coa función loxística, reuníuse na presente semana co conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. O obxectivo da reunión foi repasar a actualidade do Clúster e os diferentes proxectos que está a levar a cabo, así como analizar a situación actual do sistema loxístico galego.
O Clúster atópase actualmente con catro grupos de traballo activos e en funcionamento ininterrompido polo estado de alarma:
  • Grupo 1: Transformación da loxística de empresa e loxística de proximidade
  • Grupo 2: Información relevante e posicionamento en cadeas globais
  • Grupo 3: Posicionamento estratéxico de Galicia e liderado do Polo Atlántico
  • Grupo 4: Optimización das infraestruturas loxísticas

No encontro, levado a cabo de xeito telemático, participaron empresas asociadas como Gadisa e Pérez Torres, ademais de empresas da función loxística invitadas.